Exposicións públicas da toponimia de Ribadeo e Tomiño
20/12/2010
O 15 de decembro de 2010 quedou inaugurada nos locais da OMIC (Oficina Municipal de Información e Consumo) a exposición pública da toponimia do concello de Ribadeo, onde foran recollidos case 3.000 topónimos nas doce parroquias que o compoñen. Os nomes situáronse sobre fotografías aéreas, agrupadas por parroquias. No acto interviu a concelleira de Cultura, Mariluz Álvarez Lastra, que destacou na súa...
Ler máisA Comisión de Toponimia finalizou a revisión da toponimia do concello da Merca. Actualmente está a supervisar a de Oia
10/12/2010
Durante o pasado mes de novembro a Ponencia de Estudos dedicou dúas sesións á toponimia recolleita no concello da Merca. Neste concello, de 50'9 km², rexistráronse un total de 1.796 topónimos, repartidos en 12 parroquias. As terras das 71 aldeas existentes están quedando ermas e hai unha perda de poboación importante. Isto provocou que a densidade toponímica non resultase moi elevada, pois nalgunhas...
Ler máisDesde o mes de novembro o PTG conta con novas colaboracións
02/12/2010
No mes de novembro varias persoas de forma individual contactaron con nós a través do correo electrónico que figura nesta páxina web (toponimia@xunta.es), co fin de colaborar co proxecto recollendo de forma altruísta a parroquia da que é nativo, na que vive actualmente ou algunha outra coa que ten algún tipo de vinculación. Estas persoas que citaremos a continuación recibiron o curso de formación metodolóxica...
Ler máisRematáronse os traballos de campo ofertados nos 11 lotes de recollida de toponimia por persoal independente e empresas
15/11/2010
Entre os meses de agosto e outubro, o PTG estivo levando a cabo unha recollida de información toponímica en 13 municipios galegos, que finalizou o 31 de outubro. Para facer este traballo en campo realizouse un proceso de contratación de 11 lotes para profesionais independentes ou empresas.
As zonas de traballo asignadas estaban situadas en parroquias dos concellos da Baña, Toques, Castroverde, Muras...
Ler máisDifusión do Proxecto Toponimia de Galicia na TVG
26/08/2010
Neste mes de agosto, a TVG está a promover e difundir o Proxecto Toponimia de Galicia a través de tres reportaxes emitidas nesta canle en varios dos seus programas.
A primeira reportaxe apareceu o sábado, 14 de agosto, no programa Desde Galicia para o Mundo, que combina entrevistas, música e reportaxes para retratar a vida e a cultura de Galicia, no presente e no pasado.
No vídeo aparecen salientados...
Ler máisResolución da convocatoria para realizar traballos de recollida de toponimia en campo
24/08/2010
A Sociedade de Desenvolvemento Comarcal acaba de publicar a resolución definitiva do proceso de contratación de 11 lotes de traballos de recollida de información toponímica en campo para profesionais independentes ou empresas.
Esta convocatoria ten como obxectivo a realización da campaña de campo do ano 2010 para o Proxecto Toponimia, que se vai desenvolver nos próximos meses en varias parroquias...
Ler máisNeste mes de xullo a Comisión de Toponimia está revisando os nomes do concello de Tomiño
15/07/2010
Unha vez que a Ponencia de Estudos finalizou a revisión da toponimia do concello de Ribadumia a finais do mes de xuño, a comezos do presente iniciou o estudo dos nomes recollidos polo PTG no de Tomiño.
En Ribadumia foron analizados 1.226 topónimos, dos que se trataron na sesión de traballo 248. Destes quedaron 80 para contrastar de novo en campo con máis informantes ou en documentación antiga. Entre...
Ler máisConvocatoria pública para facer traballos de recollida de toponimia en campo
09/06/2010
Acaba de facerse pública a convocatoria para a contratación de 11 lotes de traballos de recollida de información toponímica en campo para profesionais independentes ou empresas.
O obxecto deste contrato é a realización da campaña de campo 2010 para o Proxecto Toponimia de Galicia, que este ano cubrirá un territorio de aproximadamente 750 km². Cada un dos 11 lotes abrangue varias parroquias de...
Ler máisCharla do profesor Gonzalo Navaza no CPI Doutor Daniel Monje de Navia de Suarna
07/06/2010
O día 29 de maio, Gonzalo Navaza, membro da Ponencia de Estudos da Comisión de Toponimia e profesor da Universidade de Vigo, impartiu unha charla sobre a microtoponimia do concello de Navia de Suarna no CPI Doutor Daniel Monje. Ao acto asistiron todos os estudantes de secundaria do centro, ademais dos alumnos de 6.º de primaria.
Na intervención, Gonzalo Navaza explicou de forma didáctica a orixe de...
Ler máisO conselleiro de Presidencia presenta a páxina web de toponimia
11/05/2010
O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, presentou hoxe a páxina web do Proxecto Toponimia de Galicia. No acto estivo acompañado pola secretaria xeral da consellería, Beatriz Cuíña, o director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo, e varios membros da Comisión de Toponimia.
O conselleiro destacou que xa se levan recollido máis de 400.000 topónimos en...
Ler máisA Ponencia de Estudos da Comisión de Toponimia finalizou a revisión da toponimia do concello de Santiago de Compostela
30/04/2010
Dentro do programa de traballos do PTG, a Ponencia de Estudos revisou nos dous primeiros meses deste ano a toponimia dos concellos de Alfoz e Cariño. No caso de Alfoz foron 982 os topónimos revisados e fixados, mentres que en Cariño foron 905.
No mes de marzo, comezou o estudo e fixación da toponimia do concello de Santiago de Compostela, que conta con máis de 9.000 nomes nunha superficie de 220,36...
Ler máis

