Toponimia de Galicia

Estado do traballo de campo

Neste apartado amósase o estado dos traballos de campo en cada un dos concellos. Hai catro situacións posibles:

  • Aqueles que están sen iniciar.
  • Os que están en activo: concellos en que se está a recoller toponimia (por parte de persoal do PTG ou dalgún particular ou asociación). Pode darse a posibilidade de que nalgún concello no que xa se finalizaran os traballos de campo, se faga unha segunda recolleita máis exhaustiva por parte dalgún colaborador nunha parroquia en concreto. Polo tanto, o concello volve estar activo, expecificándose esta circunstancia no apartado de observacións da ficha do mapa de estado por concellos.
  • Aqueles nos que se iniciou o traballo de recolleita e este quedou pendente. A porcentaxe de recolleita é moi variable en cada caso. Aqueles concellos onde a porcentaxe por recoller é pequena son considerados prioritarios.
  • Finalmente, aqueles en que esta fase está rematada, independentemente de que en fases sucesivas poida volver aparecer nova información, que sempre será incorporada á base de datos.

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade