Toponimia de Galicia

Estado da supervisión da Comisión de Toponimia

Neste apartado pódense ver os concellos cuxa toponimia foi ou está sendo revisada e ditaminada pola Ponencia de Estudos da Comisión de Toponimia.

  • Sen iniciar fai referencia aos concellos nos que aínda non se fixo traballo de campo, á maioría de aqueles nos que se traballou unha parte do terrritorio, e incluso aos que se recolleu a totalidade da súa superficie, pero que aínda están nunha fase anterior a esta.
  • Como activos aparecen os que se están sendo estudados actualmente pola Comisión de Toponimia ou aqueles en que o persoal de gabinete está introducindo os comentarios e o ditame das sesións de traballo.
  • Dentro do grupo dos pendentes danse dous casos: por un lado están algúns concellos rematados en campo  que  foron codificados en gabinete, pero que aínda non pasaron á reunión da Ponencia de Estudos; e por outro lado están aqueles concellos en que se ditaminaron os topónimos de unha ou varias parroquias, feitas nun determinado momento grazas á colaboración dalgunha asociación cultural ou dun particular, coa finalidade de expoñelas no local social ou facer algunha publicación.
  • Nos rematados están os que foron estudados na súa totalidade, aínda que nalgúns deles existen dúbidas que precisan dunha enquisa de campo complementaria ou de consultas documentais (estas dúbidas poden verse nos informes de exposición pública).

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade