Toponimia de Galicia

Estado da dixitalización de topónimos

Nesta fase podemos distinguir catro casos posibles:

  • Sen iniciar están, ademais dos municipios nos que non se fixo traballo de campo, os que estando en parte ou na súa totalidade recollida a toponimia, aínda se atopan os traballlos en fases anteriores.
  • Dentro do grupo dos activos están aqueles que están en proceso de dixitalización ou de maquetación dos mapas toponímicos para mostrar ao público, mediante a web ou exposición pública.
  • No grupo dos pendentes estarían aqueles en que, por diversas circunstancias, se paralizou o proceso, ou que teñen só unha ou varias parroquias dixitalizadas para unha finalidade concreta (colaboracións de asociacións, publicacións, proxecto dos Camiños de Santiago...).
  • Nos rematados están os concellos que xa foron maquetados para a exposición da súa toponimia.

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade