Toponimia de Galicia

Estado da exposición pública da toponimia

Neste apartado represéntanse tres casos diferentes:

  • Concellos sen iniciar, entres os que estarían os que nunca foron traballados en campo mailos que se atopan en fases anteriores da cadea de traballos do PTG.
  • Dentro dos activos aparecen os concellos para os que se está elaborando o material da exposición e aqueles en que xa tivo lugar o acto de presentación. Neste último caso, a toponimia está ao dispor dos veciños na casa do concello ou nalgún centro sociocultural. Nalgúns deles, unha copia dos mapas toponímicos percorre as distintas parroquias para que os interesados revisen os nomes e completen o traballo con nova información.
  • No grupo dos concellos rematados están os que, unha vez finalizado o período de exposición pública, enviaron ao PTG as rectificacións oportunas e os novos topónimos para mellorar e completar a base de datos.

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade