Toponimia de Galicia

Estado do traballo de gabinete

A información recollida en campo pasa a ser revisada polos técnicos de gabinete. Distinguimos tamén catro posibles situacións:

  • Sen iniciar estarían os concellos nos que tampouco se fixo traballo de campo.
  • Os activos son aqueles que están a ser supervisados e corrixidos actualmente.
  • Na situación de pendentes danse dous casos: por unha banda están os concellos en que só se recolleron datos nunha parte do seu territorio, e que foron corrixidos no momento en que o traballo de campo estaba activo; por outra están os concellos en que finalizou o traballo de campo pero que aínda non pasaron a revisión final.
  • Os rematados son aqueles que xa teñen todos os datos da base revisados e que poden pasar á seguinte fase, na que os topónimos que presentan algún problema lingüístico son analizados pola Comisión de Toponimia.

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade