Toponimia de Galicia

Mapas toponímicos

Informantes na exposición

Máis infomantes na exposición

Autoridades

Intervención da concelleira de Cultura

Público asistente ao acto

Máis público asistente

Demostración práctica da web

Impresora Email

Ribadeo

16/12/2010

Nova: Ribadeo

O 15 de decembro de 2010 inaugurouse nos locais da OMIC (Oficina Municipal de Información e Consumo) a exposición pública da toponimia do concello de Ribadeo, onde foran recollidos case 3.000 topónimos nas doce parroquias que o compoñen. Os nomes situáronse sobre fotografías aéreas, agrupadas por parroquias.

No acto interviu a concelleira de Cultura, Mariluz Álvarez Lastra, que destacou na súa intervención a axuda prestada por todos os informantes do concello, algúns dos cales estaban presentes entre o público. Tamén contou coa presenza do director xerente da S.A. para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, Severino Álvarez Monteserín,  e do director do PTG e secretario da Comisión de Toponimia, Xermán García Cancela.

No acto, Óscar Castro, coordinador dos traballos realizados en campo, amosou a páxina web e fixo un breve percorrido polos apartados que a compoñen. Ademais, realizou unha proba práctica das distintas posibilidades que presenta a páxina na consulta e busca de topónimos e na descarga de información.

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade