Toponimia de Galicia

Exposicion_02

Exposicion_01

Exposicion_03

Exposicion_04

Exposicion_05

Exposicion_06

Acto_presentacion

Asistentes_acto

Mesa_presidencial

Intervencion_alcaldesa

Intervencion_helena

Informantes

Impresora Email

Tomiño

20/12/2010

Nova: Tomiño

O acto de inauguración da exposición dos mapas coa toponimia de Tomiño tivo lugar o día 17 de decembro na Casa da Cultura do Seixo. Os 33 paneis expostos cobren a superficie das 15 parroquias do concello. Neles aparecen os 4.782 nomes recollidos, situados no espazo que identifica cada un e en distintas cores segundo as tipoloxías xeográficas nas que foron clasificados.

Á presentación acudiron numerosos veciños, entre os que se atopaban pedáneos das distintas parroquias, presidentes das comunidades de montes e unha boa parte dos informantes que deron conta dos nomes que fixeron posible este traballo. Deste xeito, o acto constituíu tamén unha homenaxe a todos eles. Así o destacou a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, quen na súa intervención agradeceu a todos os veciños a súa colaboración. Severino Álvarez Monteserín, director xerente da S.A. para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, salientou a importancia de preservar un  patrimonio inmaterial que é de gran importancia para Galicia en xeral e para os cidadáns de Tomiño en particular.

A continuación, Xermán García Cancela, secretario da Comisión de Toponimia e director do PTG, comentou os obxectivos do proxecto, enmarcados no contexto de respecto pola toponimia e de recuperación da súa forma orixinal, e as funcións da Comisión de Toponimia. Remarcou tamén a importancia de que os datos agora recollidos se amplíen e se melloren unha vez que sexan expostos nas parroquias.

Vicente Feijoo Ares, coordinador dos traballos realizados en campo, amosou os apartados da páxina web de toponimia e fixo unha demostración do funcionamento dos dous buscadores de topónimos, o xeral e o avanzado, con exemplos da toponimia de Tomiño. Finalmente, Helena Pousa, veciña de Goián, profesora e investigadora en toponimia, comentou a súa experiencia na recolleita de campo da súa parroquia e as etimoloxías dalgúns destes nomes.

As novas que sairon na prensa e na internet arredor deste acto pódense consultar nos seguintes enderezos:

- Páxina Web do concello de Tomiño (15/12/10)

http://www.concellotomino.com/detalleNoticia.aspx?id=586

- Páxina da Asociación de veciños O Arbol (16/12/10)

http://www.oarbol.com/index2.php?option=com_content&task=view&id=2172&pop=1&page=0&Itemid=1

- Atlántico Diario. Edición Dixital. (16/12/10)

http://www.atlantico.net/noticia/119593/Tomi%C3%B1o/presenta/ma%C3%B1ana/proyecto/toponimia/

- La Voz de Galicia (17/12/10)

http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2010/12/17/0003_8914455.htm

- Galiciasuroeste.info (20/12/10)

http://www.galiciasuroeste.info/reportaxes2010/toponimia.htm

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade