Toponimia de Galicia

Metodoloxía

A metodoloxía de traballo, deseñada especificamente para este proxecto, asenta nos seguintes principios xerais:

  • O concello e a parroquia constitúen a unidade territorial para a súa execución.
  • Os topónimos deben rexistrarse coas súas características lingüísticas e xeográficas.
  • Os nomes localízanse nunha fotografía aérea.
  • Fórmase unha base de datos única e de referencia para todos os eidos da investigación.
  • A información toponímica recollida é dixitalizada en ortofotos para o seu uso cartográfico.

 

Desde o punto de vista metodolóxico, o proxecto desenvólvese en 8 fases:

Fase 1: Presentación institucional

Fase 2: Traballo de campo

Fase 3: Control e revisión dos traballos de campo

Fase 4: Supervisión da Comisión de Toponimia

Fase 5: Dixitalización dos topónimos na ortofoto

Fase 6: Exposición pública dos mapas toponímicos

Fase 7: Introdución de nova información

Fase 8: Entrega final aos concellos e difusión na rede

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade