Toponimia de Galicia

Control e revisión da información

No SITGA, os técnicos de gabinete revisan, depuran e corrixen a información recollida no campo.

  • Revisión parcial realizada durante o traballo de campo

Realízase un seguimento mensual do traballo dos técnicos de campo e faise unha revisión da toponimia recollida durante este período.

Con esta supervisión trátase de corrixir erros de consideración tanto ao introducir os datos na base como ao plasmar a información na fotografía aérea. Forma parte dos traballos de coordinación, apoio e orientación aos técnicos de campo.

  • Revisión final

Unha vez rematado o traballo de campo e entregada a base de datos e as fotos de traballo, revísase esta información en diferentes niveis. Contamos, para este fin, cunha aplicación informática que de maneira automática realiza unha serie de consultas sobre os datos da base e nos permite ver os contidos para que se poidan corrixir ou mandar de novo a campo.

Aplicación gabinete

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade