Toponimia de Galicia

Dixitalización de topónimos

Mediante un programa SIX, e tendo diante a foto aérea na que se localizou a toponimia recollida en campo, vanse introducindo os topónimos nun sistema de coordenadas, o que permite a súa xeorreferenciación. Esta información convértese así nunha capa máis das existentes na cartografía e posibilita a realización de consultas interactivas coa base de datos, facilitando a visualización da información parcial ou completa do topónimo. Tamén se poden crear mapas temáticos partindo dunha selección da toponimia en función duns criterios determinados (pola fonética, a tipoloxía xeográfica, etc.)

A seguinte foto exemplifica o proceso e dixitalización dos topónimos:

Modelo pantalla de dixitalización

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade