Toponimia de Galicia

Exposición pública da toponimia

Unha vez revisada a toponimia de campo dun determinado concello, supervisada pola Comisión de Toponimia e dixitalizada, maquétanse os mapas topónimos por parroquias e expóñense nos locais habilitados polo concello. Para isto, organízase un acto presidido polo alcalde, representantes das consellerías que financian o proxecto, ademais do director deste e técnicos do SITGA. Ao acto son convidados os informantes, os veciños e o alumnado dos colexios próximos.

Estas exposicións serven para agradecer o traballo dos informantes e concienciar os veciños sobre a importancia de preservar os nomes históricos, e tamén teñen como obxectivo detectar e corrixir posibles erros, á parte de completar con novos nomes aquelas zonas onde se detectaron algunhas carencias. O material que se amosa nelas é o seguinte:

Mapas toponímicos:
  • A cartografía toponímica ten unha escala 1:3.000 - 1:5.000 e elabórase a partir de ortofotos do SIXPAC. Dependendo do tamaño de cada parroquia, esta pode representarse nun ou en varios mapas.
  • Os textos presentan distintas cores para diferenciar tipoloxías xeográficas (entidades, elementos de interese cultural, paraxes, hidrografía, accidentes costeiros e equipamentos).
  • Os lindes territoriais da parroquia só teñen carácter informativo.

 

Mapa toponímico A Silva

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 




Documentación:
  • Listaxe de topónimos recollidos en campo ordenados por tipoloxía xeográfica
  • Listaxe de topónimos normativizados pola Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia
  • Listaxe de topónimos para revisar en campo (dúbidas dos membros da Comisión de Toponimia)
  • Informe de carencias na recolleita de campo
  • Informe da documentación empregada (Nomenclátor de Galicia)
  • Gráficos cos resultados obtidos no traballo de campo

Portada documentación Parada de Sil

Fichas:

Estas fichas foron deseñadas co obxectivo de recoller información  actualizada fornecida polos veciños e visitantes á exposición, tanto se se trata de novos topónimos como se son modificacións de nomes recollidos incorrectamente na primeira fase do traballo, ben na súa localización, ben na forma escrita.

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade