Toponimia de Galicia

Nova información

Tras un período no que os mapas toponímicos están expostos, o concello mándallos corrixidos ao PTG e coas fichas da nova información debidamente cubertas. A partir dese momento, os procesos que se realizan con estes datos son os seguintes:

1. Introdución dos novos datos

Os novos topónimos recollidos na fase de exposición introdúcense na base de datos xeral do concello. Aqueles que precisan dalgunha corrección son modificados segundo o tipo de erro que presentan (gráfico, de localización ou de tipoloxía xeográfica).

2. Nova revisión por parte da Comisión de Toponimia

Esta nova información é supervisada polos membros da Ponencia de Estudos, para ditaminar a forma normativa dos novos nomes.

3. Redixitalización

Os novos topónimos dixitalízanse na ortofoto e recolócanse os que presentaban algún erro de situación.

4. Imprimir os mapas toponímicos finais

Finalmente maquétanse os mapas toponímicos definitivos, coas actualizacións incorporadas.

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade