Toponimia de Galicia

Buscador de topónimos
Topónimo:

 

SITGA

 

Nomenclator

 

Axuda

 

Busca de topónimos:

  • O buscador non distingue entre maiúsculas e minúsculas. Ex.: obterá o mesmo resultado escribindo brión, Brión ou BRIÓN.
  • Se non coñece a grafía exacta do topónimo que busca pode utilizar caracteres comodín: un guión baixo (_) para substituír un carácter (ex: vilalb_); a porcentaxe (%) ou o asterisco (*) para substituír varios caracteres (ex.: vilal* ou vilal%).
  • Pódense buscar dous ou máis topónimos a un tempo separándoos coa barra oblicua (/). Ex.: Arzúa/Viveiro/Lugo; nabal/nabais; pazo/pacio...


Criterios de busca:

  • O buscador ten en conta os acentos (ex.:obterá resultados diferentes escribindo rios, ríos ou riós), a non ser que lle indiquemos o contrario, premendo no criterio de busca ‘Non ter en conta acentos'.
  • Nas buscas téñense en conta os espazos (ex.: obterá resultados distintos escribindo agolada ou a golada), a non ser que lle indiquemos o contrario, premendo no criterio de busca ‘Non ter en conta espazos'.
  • O buscador rastrexa o texto escrito polo usuario sen ter en conta a posición que ocupa en cada topónimo da base de datos (ex: escribindo riba podemos encontrar topónimos como Ribas, A Ribalta ou Aldea de Riba). Se queremos restrinxir as opcións de busca podemos escoller ‘Comeza por', ‘Remata por' ou ‘Exacto'.


Outros criterios de busca:

Por defecto, o buscador fai a procura entre todos os topónimos existentes nas bases de datos almacenadas, pero o usuario pode restrinxir a busca elixindo unha das bases de datos:

  • Nomenclátor de entidades de poboación: aparecen xeorreferenciadas as entidades de poboación do Nomenclátor do INE (ano ), corrixidas segundo o Nomenclátor da Xunta de Galicia.
  • Proxecto Toponimia de Galicia: nomes recollidos coa metodoloxía do PTG.

Unha das tipoloxías existentes (ex.: serra, fonte, aldea, regueiro...).


Situación:

Por defecto, este servizo busca os topónimos de toda Galicia, pero o usuario pode restrinxir o espazo xeográfico elixindo entre diferentes opcións:

  • unha provincia (ex.: PONTEVEDRA).
  • unha provincia e a continuación un concello (ex.:PONTEVEDRA > ARBO).
  • unha provincia, logo un concello e, por último, unha parroquia (ex.:PONTEVEDRA > ARBO > Sela (Santa María)).


Ordenación de resultados:

Os resultados dunha busca móstranse en forma de listaxe cos topónimos ordenados tendo en conta o nome completo (ex.: As Chousas aparece antes que Chousa). O usuario pode utilizar outro criterio de ordenación elixindo entre outras cinco opcións:

  • Nome do topónimo sen ter en conta o artigo (ex.:Aldomán aparecerá antes que A Alfándiga).
  • Provincia
  • Concello
  • Parroquia
  • Tipoloxía


Por último, non debemos esquecernos de picar no botón Buscar'. A tecla ENTER non activa o buscador.

 

 

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade