Toponimia de Galicia

Buscador de topónimos
Topónimo:

 

SITGA

 

Nomenclator

 

Colaboración

O Proxecto Toponimia de Galicia precisa do coñecemento e da paciencia que, por toda Galicia, poñen á nosa disposición centos de persoas que nos axudan no labor de recolleita da microtoponimia. Ninguén coñece mellor os nomes dun territorio que as persoas que o habitan e que conservaron e transmitiron co seu uso, despois de varias xeracións, un ben cultural tan valioso.

Cómprenos, por tanto, a colaboración daquelas persoas e agrupacións interesadas en contribuír á conservación da súa toponimia. Varias xa o levan feito: Xermolos (Guitiriz); Airoá, na parroquia de Freixo (Sarreaus); Amistade de Rebordechán e O Garabano (as dúas de Crecente); o Obradoiro de Estudos Locais Fernando Morroi de Cesantes (Redondela), ou a Mancomunidade de Montes do Valmiñor. Contamos tamén coa colaboración de persoas que por interese particular ou profesional decidiron recoller os nomes da súa parroquia coa metodoloxía deseñada polo proxecto.

Se unha persoa ou unha asociación quere recoller a toponimia do seu concello ou da súa parroquia, proporcionarémoslle o material (ortofotos, programa de introdución de datos...) e a formación necesaria para executar este traballo.

Para iso, poden pórse en contacto cos responsables do Proxecto Toponimia de Galicia de varias maneiras: correo ordinario, teléfono, fax, ou persoalmente nas oficinas do PTG. Os enderezos son os seguintes:

 

S. A. PARA O DESENVOLVEMENTO COMARCAL DE GALICIA
Subdirección SITGA (Sistema de Información Territorial de Galicia)
Estrada Santiago-Noia, km 1, 15896 A Barcia, Santiago de Compostela
Teléfonos: 981 545 848 / 981 542 609
Fax: 981 542 608
Correo electrónico: toponimia@xunta.es

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade