Descargas
Aquí pódense descargar listaxes en formato xls (Excel) coa toponimia recollida de cada concello. Para comprobar que concellos teñen recollida a toponimia de todo o termo municipal, ou só de unha ou varias parroquias, véxase o mapa de estado por concellos na pestana PTG.
Os campos dispoñibles da base de datos da que se extrae a información son:
- Parroquia: todos os topónimos están referidos a este ámbito territorial. Os que nomean territorio de máis dunha parroquia aparecen repetidos, con referencia en cada unha delas.
- Aldea: este campo non sempre está cuberto porque só ten relevancia en topónimos puntuais ou para indicar parte dunha entidade de poboación.
- Topónimo: aquí figura a forma proposta polo técnico de campo.
- Fonética: non se trata en ningún caso dunha transcrición exacta, senón de ofrecer só datos fonéticos moi relevantes para poder fixar a grafía (vogais abertas/pechadas, rotacismo, gheada, seseo...). Por razóns de economía utilízanse símbolos adaptados e non se segue ningún modelo de alfabeto fonético.
- Topónimo 2: só no caso de que existan formas secundarias do topónimo principal.
- Forma normativa: cando haxa ditame da Ponencia de Estudos da Comisión de Toponimia.
- Tipoloxía xeográfica: segundo a clasificación que se aplica na recolleita de campo (pode consultarse no buscador avanzado de toponimia).
Para acceder a un concello, prema primeiro na provincia á que pertence. En cor gris aparecen, sobre o mapa provincial, os municipios que teñen a toponimia recollida e transferida á base única do PTG.
É preciso ter en conta que nalgúns dos concellos dispoñibles aínda non se pode descargar toda a toponimia recompilada, xa que orixinariamente os datos rexistráronse en varios formatos e os máis antigos están en proceso de conversión.


