Toponimia de Galicia

Buscador de topónimos
Topónimo:

 

SITGA

 

Nomenclator

 

Impresora Email

Charla do profesor Gonzalo Navaza no CPI Doutor Daniel Monje de Navia de Suarna

07/06/2010

Nova: Charla do profesor Gonzalo Navaza no CPI Doutor Daniel Monje de Navia de Suarna

O día 29 de maio, Gonzalo Navaza, membro da Ponencia de Estudos da Comisión de Toponimia e profesor da Universidade de Vigo, impartiu unha charla sobre a microtoponimia do concello de Navia de Suarna no CPI Doutor Daniel Monje. Ao acto asistiron todos os estudantes de secundaria do centro, ademais dos alumnos de 6.º de primaria.

Na intervención, Gonzalo Navaza explicou de forma didáctica a orixe de moitos dos nomes das súas aldeas e parroquias. O coloquio posterior resultou moi enriquecedor pola ampla participación do alumnado, que realizou interesantes comentarios sobre varios nomes que emprega a xente da zona e que foron recollidos por eles.

Por exemplo, en Navia utilizan a palabra caboza para definir unha depresión fonda nun terreo polo que corre un regueiro, o que noutras partes de Galicia se coñece como cavorco, groba, corga ou cavanco. Outro termo propio é pisqueira, que se usa neste territorio para denominar os saltos de auga ou fervenzas.

Esta charla forma parte da colaboración que mantén o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística deste centro educativo co Proxecto Toponimia de Galicia para recoller a microtoponimia deste concello lucense. Para conseguir este obxectivo varios profesores do centro traballan conxuntamente cos alumnos e as súas familias.

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade