Toponimia de Galicia

Buscador de topónimos
Topónimo:

 

SITGA

 

Nomenclator

 

Impresora Email

Convocatoria pública para facer traballos de recollida de toponimia en campo

09/06/2010

Nova: Convocatoria pública para facer traballos de recollida de toponimia en campo

Acaba de facerse pública a convocatoria para a contratación de 11 lotes de traballos de recollida de información toponímica en campo para profesionais independentes ou empresas.

O obxecto deste contrato é a realización da campaña de campo 2010 para o Proxecto Toponimia de Galicia, que este ano cubrirá un territorio de aproximadamente 750 km². Cada un dos 11 lotes abrangue varias parroquias de un ou máis concellos, achegándose a unha superficie de 68,2 km² de media. Os traballos teñen un tempo estipulado e rematarán o 31 de outubro de 2010.

As empresas interesadas neste traballo poderán optar á totalidade dos 11 lotes. No caso de optar a máis de un, será a SODECO a que se reserve a facultade de adxudicarlle todos ou un só lote. Os profesionais libres poderán optar tamén a todos os lotes, pero só se lles adxudirá un.

Os profesionais que fagan o traballo serán coordinados polos técnicos do PTG e recibirán previamente a formación e o material de traballo en campo (fotografía aérea e aplicación informática). Tanto nas reunións de seguimento, como no momento da entrega final do traballo, os topónimos recompilados terán que estar localizados sobre ortofoto e introducidos en base de datos tal como se indique no curso de formación metodolóxica.

Os pregos de prescricións administrativas e técnicas, así como os anexos, poderanse solicitar na sede da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal, sita na Barcia, Estrada Santiago-Noia, km 1, Santiago de Compostela, de luns a venres, en horario de 10:00 a 14:00 horas, ou no perfil do licitador: http://comarcasdegalicia.com

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade