Toponimia de Galicia

Buscador de topónimos
Topónimo:

 

SITGA

 

Nomenclator

 

Impresora Email

A Comisión de Toponimia finalizou a revisión dos topónimos do concello de Fene e iniciou a de Ribadumia

25/06/2010

Nova: A Comisión de Toponimia finalizou a revisión dos topónimos do concello de Fene e iniciou a de Ribadumia

Durante o mes de xuño a Ponencia de Estudos traballou coa toponimia dos concellos de Bande e Fene, ambos os dous finalizados, e acaba de comezar co de Ribadumia.

No caso de Bande revisáronse un total de 3366 nomes, dos que foron tratados conxuntamente uns 550 problemáticos en 3 sesións de traballo. Finalmente quedaron 65 formas dubidosas para preguntar de novo en campo ou para consultar en documentación antiga como Pelomiño, Porto Condorio, O Bollanco, Abezán, Gorobelas, A Lerdal, A Soldar, Os Penedos dos Oveiros...

Fene é un concello pequeno, moi urbanizado e industrializado, que conta cunha superficie de 27,4 km², polo que a densidade toponímica é baixa. A Comisión analizou 1126 nomes recollidos en campo durante os anos 2003 e 2004. A meirande parte deles correspondían con nomes de entidades de poboación, partes do núcleo urbano e rúas, como por exemplo Rúa de Eduardo Neira, Rúa da Carqueixa, Avenida do Marqués de Figueroa... Só se precisou unha sesión de traballo para que os expertos puxeran en común as súas opinións ao redor de 141 nomes complexos. Con todo, é preciso que 18 destes sexan contrastados con máis informantes en campo ou consultados no Catastro do Marqués de Ensenada como Buen, O Infernín, A Visura, A Visuna ou Vecharco...

O municipio de Ribadumia tamén ten un termo pequeno, son 19'66 km². É unha terra con moito viñedo, onde cobran especial importancia os pazos señorais de antano e a vida económica arredor do río Umia. Aquí rexistráronse 1226 nomes, que están a ser revisados esta semana polos membros da Ponencia de Estudos.

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade