Toponimia de Galicia

Buscador de topónimos
Topónimo:

 

SITGA

 

Nomenclator

 

Impresora Email

Resolución da convocatoria para realizar traballos de recollida de toponimia en campo

24/08/2010

Nova: Resolución da convocatoria para realizar traballos de recollida de toponimia en campo

A Sociedade de Desenvolvemento Comarcal acaba de publicar a resolución definitiva do proceso de contratación de 11 lotes de traballos de recollida de información toponímica en campo para profesionais independentes ou empresas.

Esta convocatoria ten como obxectivo a realización da campaña de campo do ano 2010 para o Proxecto Toponimia, que se vai desenvolver nos próximos meses en varias parroquias de 13 municipios galegos e que rematará o 31 de outubro de 2010. As zonas de traballo están situadas nos concellos de Toques, Muras, Portomarín, As Nogais, Triacastela, Pedrafita do Cebreiro, Calvos de Randín, Castro Caldelas, Montederramo, Sarreaus, Vilardevós, Campo Lameiro e Lalín.

A este concurso público presentáronse un total de 19 profesionais independentes ou empresas, que foron cualificados pola Mesa de Contratación atendendo a valoración das propostas achegadas e seguindo unha serie de criterios que figuraban no prego de cláusulas administrativas da convocatoria.

Os interesados en coñecer o resultado final do concurso teñen máis información na páxina web de SODECO (www.comarcasdegalicia.com).

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade