Toponimia de Galicia

Buscador de topónimos
Topónimo:

 

SITGA

 

Nomenclator

 

Impresora Email

Desde o mes de novembro o PTG conta con novas colaboracións

02/12/2010

Nova: Desde o mes de novembro o PTG conta con novas colaboracións

No mes de novembro varias persoas de forma individual contactaron con nós a través do correo electrónico que figura nesta páxina web (toponimia@xunta.es), co fin de colaborar co proxecto recollendo de forma altruísta a parroquia da que é nativo, na que vive actualmente ou algunha outra coa que ten algún tipo de vinculación. Estas persoas que citaremos a continuación recibiron o curso de formación metodolóxica o día 1 de decembro, momento no que lles foi entregado o material de traballo.

- Antón Vidal: parroquias de Augasantas e Valongo (Cotobade)

- Alberte Reboreda: parroquia de Mondariz (Mondariz) e Rebordelo (Cotobade)

- Pablo Jablonski: parroquia de Saxamonde (Redondela)

- Félix Longueira: parroquia de Orto (Abegondo)

- Miguel Varela: parroquia de Limiñón (Abegondo)

- David Gómez: parroquia de Cabanas (Abegondo)

Caso parcialmente distinto é o de varios profesores do IES Germán Ancochea Quevedo da Pobra de Trives, entre eles Mónica Baleirón, Ana Earlei, Alberto Fuentes, Francisco García e Luis Piñeiro, que tomaron a iniciativa de recoller a toponimia do concello de San Xoán de Río, apoiándose nos alumnos deste concello e nos seus familiares.

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade