Toponimia de Galicia

Buscador de topónimos
Topónimo:

 

SITGA

 

Nomenclator

 

Impresora Email

Exposicións públicas da toponimia de Ribadeo e Tomiño

20/12/2010

Nova: Exposicións públicas da toponimia de Ribadeo e Tomiño

O 15 de decembro de 2010 quedou inaugurada nos locais da OMIC (Oficina Municipal de Información e Consumo) a exposición pública da toponimia do concello de Ribadeo, onde foran recollidos case 3.000 topónimos nas doce parroquias que o compoñen. Os nomes situáronse sobre fotografías aéreas, agrupadas por parroquias. No acto interviu a concelleira de Cultura, Mariluz Álvarez Lastra, que destacou na súa intervención a axuda prestada por todos os informantes do concello, algúns dos cales estaban presentes entre o público. Tamén contou coa presenza do director xerente da S.A. para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, Severino Álvarez Monteserín,  e do director do PTG e secretario da Comisión de Toponimia, Xermán García Cancela. Óscar Castro, coordinador dos traballos de campo, amosou a páxina web e fixo un breve percorrido polos apartados que a compoñen.

Por outra parte, o día 17 de decembro realizouse un acto semellante no concello de Tomiño. Este tivo lugar na Casa da Cultura do Seixo e nel participaron Sandra González, alcaldesa de Tomiño, Severino Álvarez Monteserín, director xerente da S.A. para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, e Xermán García Cancela, secretario da Comisión de Toponimia e director do PTG. Os tres abordaron os obxectivos do proxecto, a súa execución en Tomiño e noutros concellos de Galicia, e incidiron na importancia de que a información exposta sexa completada e mellorada en canto se achegue ás distintas parroquias. Vicente Feijoo Ares, coordinador dos traballos realizados en campo, amosou os apartados da páxina e fixo unha demostración do funcionamento dos dous buscadores de topónimos, o xeral e o avanzado, con exemplos da toponimia de Tomiño. No acto interveu tamén Helena Pousa, veciña de Goián, profesora e investigadora en toponimia, que comentou a súa experiencia na recolleita de campo da súa parroquia e as etimoloxías dalgúns destes nomes.

Pode verse máis información e fotografías destes dous actos no apartado de Exposicións, dentro da pestana PTG.

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade