Toponimia de Galicia

Buscador de topónimos
Topónimo:

 

SITGA

 

Nomenclator

 

A Ponencia de Estudos da Comisión de Toponimia finalizou a revisión da toponimia do concello de Santiago de Compostela

30/04/2010

Nova: A Ponencia de Estudos da Comisión de Toponimia finalizou a revisión da toponimia do concello de Santiago de Compostela

Dentro do programa de traballos do PTG, a Ponencia de Estudos revisou nos dous primeiros meses deste ano a toponimia dos concellos de Alfoz e Cariño. No caso de Alfoz foron 982 os topónimos revisados e fixados, mentres que en Cariño foron 905.

No mes de marzo, comezou o estudo e fixación da toponimia do concello de Santiago de Compostela, que conta con máis de 9.000 nomes nunha superficie de 220,36 km². O traballo transcurriu a moi bo ritmo, xa que non apareceron demasiados topónimos que requiran ser contrastados en campo ou documentalmente.

Con todo, para analizar esta cantidade de nomes foron necesarias cinco sesións de traballo. Revisáronse unha media de 1.800 topónimos para cada reunión, dos que se trataron conxuntamente os máis problemáticos e escuros. Ao remate das sesións quedaron fixados 9.060 nomes.

Unha vez rematada esta fase, prevese a presentación dos resultados de xeito que, á vista dos datos expostos, poida enriquecerse a toponimia do concello con novas achegas, algo moi habitual alí onde se foron expoñendo os datos publicamente.

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade