Toponimia de Galicia

Buscador de topónimos
Topónimo:

 

SITGA

 

Nomenclator

 

Rematáronse os traballos de campo ofertados nos 11 lotes de recollida de toponimia por persoal independente e empresas

15/11/2010

Nova: Rematáronse os traballos de campo ofertados nos 11 lotes de recollida de toponimia por persoal independente e empresas

Entre os meses de agosto e outubro, o PTG estivo levando a cabo unha recollida de información toponímica en 13 municipios galegos, que finalizou o 31 de outubro. Para facer este traballo en campo realizouse un proceso de contratación de 11 lotes para  profesionais independentes ou empresas.

As zonas de traballo asignadas estaban situadas en parroquias dos concellos da Baña, Toques, Castroverde,  Muras, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Portomarín, Triacastela, Calvos de Randín, Castro Caldelas, Montederramo, Sarreaus, Vilardevós, Campo Lameiro e Lalín.

Rematado o proceso de recolleita, os técnicos de gabinete do PTG revisaron toda a información entregada polos profesionais dos distintos lotes. O computo final de topónimos recollidos foi de 29.042, desagregados do xeito que se pode ver no seguinte cadro:

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade