Toponimia de Galicia

Buscador de topónimos
Topónimo:

 

SITGA

 

Nomenclator

 

Novas

Convocatoria pública para facer traballos de recollida de toponimia en campo

09/06/2010

Nova: Convocatoria pública para facer traballos de recollida de toponimia en campo

Acaba de facerse pública a convocatoria para a contratación de 11 lotes de traballos de recollida de información toponímica en campo para profesionais independentes ou empresas.

O obxecto deste contrato é a realización da campaña de campo 2010 para o Proxecto Toponimia de Galicia, que este ano cubrirá un territorio de aproximadamente 750 km². Cada un dos 11 lotes abrangue varias parroquias de...

Ler máis

Charla do profesor Gonzalo Navaza no CPI Doutor Daniel Monje de Navia de Suarna

07/06/2010

Nova: Charla do profesor Gonzalo Navaza no CPI Doutor Daniel Monje de Navia de Suarna

O día 29 de maio, Gonzalo Navaza, membro da Ponencia de Estudos da Comisión de Toponimia e profesor da Universidade de Vigo, impartiu unha charla sobre a microtoponimia do concello de Navia de Suarna no CPI Doutor Daniel Monje. Ao acto asistiron todos os estudantes de secundaria do centro, ademais dos alumnos de 6.º de primaria.

Na intervención, Gonzalo Navaza explicou de forma didáctica a orixe de...

Ler máis

A Ponencia de Estudos da Comisión de Toponimia revisa actualmente a toponimia recolleita en Bande

31/05/2010

Nova: A Ponencia de Estudos da Comisión de Toponimia revisa actualmente a toponimia recolleita en Bande

Neste concello de Bande recolléronse 3.366 nomes durante os anos 2002 e 2003. Trátase dun municipio cun amplo val rodeado de montañas, cunha superficie de 98,9 km2 e un censo de 2.285 habitantes. A maior densidade de topónimos rexistrouse nas zonas de cultivo arredor das aldeas, mentres que nas montañas son escasos e cobren moito terreo. Destacan, de forma puntual, algunhas fontes ou penedos que só...

Ler máis

O conselleiro de Presidencia presenta a páxina web de toponimia

11/05/2010

Nova: O conselleiro de Presidencia presenta a páxina web de toponimia

O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, presentou hoxe a páxina web do Proxecto Toponimia de Galicia. No acto estivo acompañado pola secretaria xeral da consellería, Beatriz Cuíña, o director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo, e varios membros da Comisión de Toponimia.

O conselleiro destacou que xa se levan recollido máis de 400.000 topónimos en...

Ler máis

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade