Toponimia de Galicia

Buscador de topónimos
Topónimo:

 

SITGA

 

Nomenclator

 

Novas

A Ponencia de Estudos da Comisión de Toponimia finalizou a revisión da toponimia do concello de Santiago de Compostela

30/04/2010

Nova: A Ponencia de Estudos da Comisión de Toponimia finalizou a revisión da toponimia do concello de Santiago de Compostela

Dentro do programa de traballos do PTG, a Ponencia de Estudos revisou nos dous primeiros meses deste ano a toponimia dos concellos de Alfoz e Cariño. No caso de Alfoz foron 982 os topónimos revisados e fixados, mentres que en Cariño foron 905.

No mes de marzo, comezou o estudo e fixación da toponimia do concello de Santiago de Compostela, que conta con máis de 9.000 nomes nunha superficie de 220,36...

Ler máis

O Concello de Ferrol fixo a primeira entrega dos novos topónimos recompilados na fase posterior á exposición

16/04/2010

Nova: O Concello de Ferrol fixo a primeira entrega dos novos topónimos recompilados na fase posterior á exposición

Neste mes de abril, a técnica de Normalización Lingüística, Beatriz Bascoi Maceiras, e a xefa do Negociado de Educación, Rosario Orjales González, fixeron entrega no SITGA dos mapas toponímicos revisados de varias parroquias do concello de Ferrol.

Os resultados deste concello foran expostos no ano 2007 e desde aquela a información foi circulando por todas as asociacións de veciños das parroquias....

Ler máis

Estanse a realizar contactos cos técnicos locais de emprego (TLE) e cos Servizos de Normalización Lingüística (SNL)

26/03/2010

Nova: Estanse a realizar contactos cos técnicos locais de emprego (TLE) e cos Servizos de Normalización Lingüística (SNL)

O secretario da Comisión de Toponimia e director do PTG enviou unha carta informativa aos TLE e aos SNL dos concellos en que aínda non se recolleron datos ou onde os traballos de recolleita están parados. A súa intención foi a de informalos dos obxectivos do proxecto e da necesidade da colaboración dos concellos para sumar esforzos na recolleita do patrimonio cultural que representa a toponimia.

Ademais...

Ler máis

O Concello de Zas iniciou os traballos para recoller a súa toponimia a través do Servizo de Normalización Lingüística

18/03/2010

Nova: O Concello de Zas iniciou os traballos para recoller a súa toponimia a través do Servizo de Normalización Lingüística

O responsable do SNL de Zas, José Blanco Alborés, púxose en contacto co PTG para colaborar na recolleita da toponimia deste concello. Debido ao pouco tempo dispoñible para facer o traballo de campo, o concello decidiu solicitar unha persoa para este traballo con cargo aos programas de cooperación coas entidades locais da Consellería de Traballo.

José Blanco, que xa recollera toponimia en Vimianzo...

Ler máis

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade