Toponimia de Galicia

Buscador de topónimos
Topónimo:

 

SITGA

 

Nomenclator

 

Impresora Email

Estudo da microtoponimia nas Mariñas lucenses e Ortegal

23/07/2008

Nova: Estudo da microtoponimia nas Mariñas lucenses e Ortegal

Edición: S. A. para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia
Autores: Rosario Álvarez Cao, Alba Arias López, Óscar Castro Castedo, Vicente Feijoo Ares, Xermán García Cancela, Juan Loureiro Grandal, Gonzalo Navaza Blanco, Concepción Otero García
Ano: 2007

Unha das actuacións consideradas no proxecto COASTATLANTIC, cofinanciado pola Iniciativa Comunitaria INTERREG III B Espazo Atlántico, foi a recollida e análise da microtoponimia, é dicir, dos nomes dos lugares menores que son gardiáns da vida destes ao longo da historia e que, por moi variados motivos, corren o risco de perderse. A publicación deixa constancia da importancia do patrimonio cultural toponímico das comarcas en que se desenvolveu o proxecto (Ortegal, A Mariña Occidental, A Mariña Central e A Mariña Oriental), e debe ser contemplada nun marco global de planificación e xestión integrada do territorio. A toponimia, xunto cos valores propios de identidade e de cultura dun pobo, son fundamentais á hora da planificación e da xestión, xa que é utilizada polos distintos organismos que traballan con información do territorio (investigación, planificación territorial, estatística, turismo, catastro, rexistros da propiedade, parcelaria, etc.).

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade