Toponimízate

Dende o ano 2017, a Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración coa Real Academia Galega están ofrecendo charlas divulgativas por medio do programa Toponimízate en concellos, colexios, asociacións culturais e centros de maiores sobre o valor cultural da toponimia galega e a necesidade de colaborar na súa recolleita a través da plataforma Galicia Nomeada.

Esta campaña informativa ten como obxectivo principal concienciar a cidadanía do risco que ten de perderse esta parte tan importante do noso patrimonio inmaterial co fin de involucrar a xente que asiste ás charlas na súa salvagarda. Nos relatorios explícase pormenorizadamente o uso da aplicación colaborativa Galicia Nomeada, así como a rendibilidade que se lle pode tirar a esta capa de información cultural unha vez que está xeorreferenciada e normativizada. Ademais, tamén se expón de forma divulgativa o significado dos topónimos maiores (parroquias e aldeas) do concello onde se imparte a charla.

As referidas sesións divulgativas tiveron moi boa acollida nos máis de 70 concellos galegos onde se realizou ata agora esta actividade e prevese continuar con esta liña de actuacións para fomentar a participación cidadá no proxecto Galicia Nomeada.

Novas sobre Toponimízate

A intensa campaña Toponimízate deste ano 2023 chegou á súa fin este venres 1 de decembro, tras dous meses de charlas en 13 concellos do noso país repartidos polas 4 provincias: Dumbría, Narón e…
O concello de Ponte Caldelas foi o encargado de pórlle o ramo a un intenso mes de Santos en que Toponimízate visitou outros seis concellos galegos. O Centro Cultural desta localidade pontevedresa…
A importancia da nosa toponimia e a urxencia da súa salvagarda a través das novas tecnoloxías entrou nun novo centro de ensino. O alumnado de 3º e 4º da ESO do IES San Mamede de Maceda recibiu este…
Begonte é un novo concello que se suma á tarefa colectiva da sociedade galega de recoller e difundir a través das novas tecnoloxías un dos maiores patrimonios culturais inmateriais que posúe un pobo…
O Centro Social de Dumbría abriu este venres 17 de novembro unha das xornadas máis produtivas da Campaña Toponimízate desde a súa posta en marcha hai seis anos. A iniciativa da Real Academia Galega…
Toponimízate 2023 regresou a un dos lugares máis fermosos da nosa xeografía, A Ribeira Sacra. Fíxoo este venres, no que a campaña da Real Academia Galega e mais da Secretaría Xeral de Política…
Toponimízate suma un novo concello á súa iniciativa: Amoeiro. A campaña coa que Real Academia Galega en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística están a percorrer  o noso país desde…
Padrón, un dos lugares máis singulares da nosa cultura, recibiu onte a campaña Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra nunha tarde de temporal que non convidaba a saír de casa. Mais, a xente…
O Concello de Trasmiras pechou as charlas do mes de outubro da campaña Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra. Vicente Feijoo, coordinador técnico do Seminario de Onomástica da Real Academia…
A campaña Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra chegou ata os lindeiros do país con grande éxito de participación. A Casa da Cultura de Randufe, en Tui, encheuse para recibir a campaña coa…
Unha concorrencia moi disposta á colaboración deuse cita o pasado venres 20 de outubro no Auditorio Municipal Xosé Casal de Vila de Cruces para descubrir o gran tesouro da nosa toponimia tradicional…
O IES de Becerreá abriulle ás portas á campaña Toponimízate este xoves 19 de outubro. O salón de actos do centro recibiu a campaña coa que a Real Academia Galega en colaboración coa Secretaría Xeral…