Últimas novas

O vindeiro 2 de maio terá lugar na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela a I Xeira CLARIAH-GAL, un encontro que ten como obxectivo difundir as iniciativas de Humanidades…
O ambicioso e premiado proxecto “Ao son da oralidade. O noso patrimonio” segue coa súa vizosa andaina: hai unhas semanas, subiron á súa canle de Youtube uns vídeos que reproducimos baixo estas liñas…
A chegada da primavera trouxo consigo un novo centro de ensino que se suma á recuperación da nosa toponimia tradicional a través de Galicia Nomeada. Vicente Feijoo, coordinador técnico do proxecto,…

Sabías que

Sabías que o topónimo O Ingüeiro, que dá nome á corrente de auga que rompe puntualmente a lagoa de Louro, pode ser unha variante da voz "angüeiro", ‘pequena canle que polo medio de xuncais leva augas correntes ao mar’?

Sabías que o topónimo do barrio do Papagaio da Coruña pode ter orixe nun artefacto que se empregaba para practicar o tiro?

Sabías que hai unha cantiga que alude á orografía da freguesía de Cabaleiros (Tordoia) e que di "Ai, Cabaleiros, Cabaleiros, Cabaleiros terra chan-e, todos os mellores mozos / para Cabaleiros van-e?"

Sabías que o nome da parroquia de Cereixo, no concello de Vimianzo, non ten nada que ver coa árbore homónima?

Sabías que Balaídos, o nome do estadio do Real Club Celta de Vigo, é un fitotopónimo?